O ENTROIDO EN GALICIA

Os nenos/as de tres anos fixeron as pantallas típicas da zona de Ourense.





ORELLAS DO ENTROIDO

Este é,xunto coas filloas, un dos doces por excelencia do Entroido en Galicia.

Ingredientes:

5oo gr. De fariña.

3 ovos batidos.(votarlle sal).
100 ml de manteiga fundida, pero non quente.
25 ml. de anís.
Rascadura de limón.

Elaboración:

Mesturamos todo (sen medo) Nunha fonte e amasamos ben. Se precisamos máis fariña temos que ir engadíndoa . Para mesturar os ingredientes no inicio, faise todo coas mans. Deixamos repousar durante 30 a 45 min. Estendemos a masa cun rolo sobre unha superficie impregnada con aceite de xirasol.

Se friten en abundante aceite de xirasol . Despois se poñen nunha bandexa con papel absorbente e esparexe o azucre, mellor mesturado cun pouco de fariña.

Aclaracións:

- Canto máis finas, mellor, case transparentes (por así dicir).

- Mellor Fritir en aceite de xirasol, porque o aceite de oliva dálle moito sabor.

- O aceite debe estar moi quente.

- É necesario ter axuda para fritilas. Un ten que estirar a masa e o outro ten que fritir as orellas.

- Eliminar a calor para evitar que queimen as orellas.

- Unha vez estiradas e para que non encollan son levados directamente á tixola.

O DÍA DA PAZ




Este ano no Día da Paz fixemos unha pomba no centro do patio rodeada de moedas. O recaudado foi donado os damnificados polo terremoto de Haití.

Todos os nenos e nenas xuntamos as mans e rodeando a pomba cantamos unha canción de paz e solidaridade.

SAMAÍN